Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS A ALUMNOS DO CURSO DE PREPARACIÓN DAS PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE NIVEL II
Narón, 19 de Xuño de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron hoxe un total de 42 diplomas correspondentes ó curso de formación para a preparación das Probas de Competencias Clave de nivel 2, nas áreas de Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega e Inglés. O curso foi desenvolvido polo Concello durante os meses de abril e maio, no Centro Municipal de Formación e na Casa da Mocidade, finalizando con éxito un total de 37 mulleres e 5 homes. Esta formación para persoas adultas permitíulles preparar as probas de competencias clave, reguladas na Orde de 7 de xaneiro de 2014 da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, e realizadas recentemente en Silleda (Pontevedra), obtendo resultados satisfactorios na maioría dos casos. Os alumnos/as repasaron e/ou adquiriron coñecementos matemáticos e lingüísticos para os niveis II, o que lles permite continuar a súa formación e acceder ós certificados de profesionalidade do mesmo nivel. Tanto o Alcalde coma as concelleiras de Formación Laboral e Igualdade felicitaron ós alumnos deste curso -a maioría mulleres- por ter ampliado os seus coñecementos e recordáronlles que teñen as portas abertas do Concello para continuar coa súa formación laboral.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal