Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DA GÁNDARA CELEBRA DO 27 Ó 29 DE XUÑO A 2ª EDICIÓN DA FEIRA DAS LETRAS
Trátase dun encontro de autores e ilustradores de libros galegos co público.
Narón, 26 de Xuño de 2014.- A Praza da Gándara acollerá este fin de semana (27, 28 e 29 de xuño) a 2ª edición da Feira das Letras, que organizan os libreiros de Narón e o Concello. O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa polo Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, a Concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mª del Carmen Espada, e a Concelleira de Turismo, María Rodriguez Porto, ademáis do propietario da librería Day, que participa na Feira. A Feira das Letras propón un encontro de autores e ilustradores de libros galegos co público, e ten por obxecto dar a coñecer o traballo destes artistas e achegar os libros á cidadanía. Para iso, está previsto un variado programa de actos para o público infantil e adulto concentrado en dous días e medio nunha zona de alto tránsito de veciños e veciñas. Este proxecto chega ao seu segundo ano coa intención de irse consolidando pouco a pouco no panorama cultural da comarca, tal e como indicaron os seus responsables. A apertura da feira realizarase o venres 27 ás 18:00 horas. O escritor David Pobra, un dos novos valores das letras galegas, abrirá a feira. A continuación a compañía de teatro Ghazafelhos poñerá en escena a obra infantil "Acuario", unha representación de marionetas e teatro de actores no que tamén participa a autora do libro, a escritora María Canosa, moi popular polas súa participación no programa "Verbas van" da TVG. Na mesma xornada do venres o escritor Natalio Gómez presentará "Horas polares" e David Pobra a súa primeira novela, despois dunha longa traxectoria como poeta, "Liña azul" (Edicións Xerais). A feira propón para o sábado e domingo novas actividades, entre as que se encontran unha presentación musical do libro "Tanto encanto reunido", de Berros do Castro, e un recital de poesía erótica a cargo de Verónica Martínez Delgado e Alberto Momán. As librerías participantes neste evento son: Librería Day (A Gándara, Narón) Librería Galicia (Xuvia, Narón) e Librería Carpe Diem (Ares).
Descarga de archivos
Programa da 2ª Feira das Letras
Tamaño:1,67 MB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal