Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLEIRA DE FORMACIÓN LABORAL VISITA O CENTRO DE FORMACIÓN DE A GÁNDARA, ONDE SE IMPARTEN ACTUALMENTE 6 CURSOS PARA DESEMPREGADOS
Un total de 80 alumnos/as benefícianse destas ensinanzas, en diferentes especialidades.
Narón, 22 de Xullo de 2014.- A Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, visitou hoxe o Centro Municipal de Formación (A Gándara) onde estanse a impartir distintos cursos dos programas AFD e Habilita 2014. A edil saudou ós alumnos/as destes obradoiros e animoulles a sacar o maior aproveitamento posible destas ensinanzas. Actualmente estanse a impartir os seguintes cursos de formación: Programa Habilita 2014 Programa financiado íntegramente polo Concello, son accións formativas de corta duración, aplicables a calquera realidade sociolaboral e/ou imprescindibles para mellorar as competencias persoais e profesionais: -Prevención de riscos e saúde laboral (60 horas de duración, do 17 de xullo ó 4 de agosto. 15 alumnos) -Iniciación ó cultivo baixo abrigo (20 horas de duración, do 21 ó 28 de agosto. 10 alumnos) Ademáis, dentro deste programa están pendentes de empezar dous cursos de Iniciación á maquinaria agroforestal, manual e lixeira, e Mellora de empregabilidade. Programa AFD 2014 Programa cofinanciado entre a Xunta de Galicia e o Concello de Narón. Actualmente impártense os seguintes cursos: -Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (618 horas, do 1 de xullo ó 18 de novembro. 15 alumnos) -Montaxe de mobles e elementos de carpintería (540 horas, do 3 de xullo ó 7 de novembro. 15 alumnos) -Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (475 horas, do 7 de xullo ó 6 de novembro. 15 alumnos) Ademáis actualmente impártese o Curso de Electricista de Edificios (400 horas, do 26 de maio ó 20 de setembro. 10 alumnos) financiado pola Fundación Endesa en colaboración con Cáritas e o Concello de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal