Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO ASINAN UN CONVENIO PARA REALIZAR DOUS PROGRAMAS TERAPÉUTICOS
Son sendos programas de piscina terapéutica e de fatiga oncolóxica, dirixidos a mellorar a calidade de vida dos pacientes con esta enfermidade.
Narón, 12 de Setembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta da delegación ferrolá da Asociación Española contra o Cancro, Isabel Caamaño, asinaron un convenio de colaboración en materia de Sanidade, acompañados polo concelleiro desta área, Manuel Ramos. O acordo contempla o financiamento de dúas actividades, para os pacientes desta enfermidade: -Programa de piscina terapéutica (actividade dirixida á prevención e rehabilitación do Lindefema –complicación asociada ó cancro de mama en mulleres mastectomizadas- como complemento do programa de atención integral á muller con cancro de mama “Mucho por vivir”, o cal presta tamén atención psicolóxica e social). -Programa de fatiga oncolóxica (ofrece información e formación práctica ós doentes oncolóxicos para soportar de mellor maneira as secuelas ou efectos secundarios dos tratamentos). Estos programas desenvolveranse no termo municipal de Narón durante este ano, e o Concello financiará con 2.000€ ambas actividades.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal