Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E AMICOR PROMOVEN UN OBRADOIRO CARDIOVASCULAR EN O COUTO CON MOTIVO DA SEMANA DO CORAZÓN 2014
Se celebrarán charlas informativas e un taller práctico sobre actividade física cardiosaudable.
Narón, 25 de Setembro de 2014.- O Concelleiro de Sanidade de Narón, Manuel Ramos, e a directiva da Asociación de Amigos del Corazón –AMICOR- (Carlos Piñeiro –vicepresidente – e Conrado Vilela –presidente-) presentaron hoxe en rolda de prensa o ‘Obradoiro Cardiovascular Amicor 2014’ que se desenvolverá os días 26 e 27 de setembro, con motivo do Día Mundial do Corazón (29 de setembro). O taller se impartirá no Local Social Municipal de O Couto, e contarase coa participación de catro médicos do SERGAS: -Venres 26 de setembro (de 18:00 a 21:00 horas): intervencións de Juan R. Couce Gómez de la Tía sobre “Emerxencias Cardiovasculares” e Octavio Dopico Pérez “El carro de la prevención y entornos cardiosaludables”. Ambas ponencias estarán coordinadas polo doutor Manuel Ramos, en representación do Concello de Narón. -Sábado 27 de setembro (ás 11:00 horas): obradoiro práctico de ‘Actividade física e corazón’ dirixido polo doutor Carlos Piñeiro. Pero ademáis deste obradoiro cardiovascular, AMICOR e o Concello de Narón promoverán a partires do mes de outubro unha Aula de Formación Cardiovascular, dirixida á poboación de Narón. Serán charlas itinerantes nas distintas parroquias e barrios do municipio. O programa terá unha duración de tres anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal