Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO 'OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE' DIRIXIDO A HOMES A PARTIR DE 18 ANOS
Trátase dunha actividade da Concellería de Promoción Social, de carácter gratuito, e que se impartirá nos centros comunitarios de Casas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiros.
Narón, 25 de Setembro de 2014.- A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, acaba de abrir o prazo de inscrición para o Obradoiro de Cociña Saudable, dirixido a homes a partir de 18 anos de idade. Os participantes aprenderán a elaborar receitas saudables e sinxelas, a manipular alimentos e útiles de cociña, a realizar a limpeza doméstica e a organizar a compra, así como técnicas e preparación de alimentos. Os obradoiros realizaranse nos centros comunitarios de Casas da Mariña (Santa Icía) e Manuela Pérez Sequeiros (O Alto) e terán unha duración de 25 horas divididas en seis xornadas (os venres e sábados de 16:30 a 20:30 horas). As solicitudes deberán presentarse no Servizo Sociocomunitario Municipal (situado na 1ª pranta do Concello), e existen 24 prazas disponibles. O obradoiro ten carácter gratuito. Os obxectivos principais deste taller dirixido a homes son os seguintes: -Aprender diferentes técnicas, habilidades e destrezas no eido da cociña. -Compartir espazo e tempo por parte de diferentes xeracións. -Promover que o ámbito comunitario do Concello sexa un espazo realmente corresponsable.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal