Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE PREMIOS DO V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TURÍSTICA 'CONCELLO DE NARÓN'
Foron galardonadas tres imaxes do Muiño das Aceñas, a rotonda de Freixeiro e a Casa Consistorial de Narón.
Narón, 30 de Decembro de 2014.- A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, entregou hoxe os premios correspondentes á 5ª edición do Concurso de Fotografía ‘Concello de Narón’, convocado por esta concellería co obxectivo de promocionar e difundir o patrimonio turístico, natural e patrimonial a través das imaxes. Nesta quinta edición participaron un total de 72 persoas, que en conxunto presentaron máis dun centenar de imaxes a concurso. Os premiados recolleron os seguintes galardóns: -1º premio (dotado con 750€): Francisco Javier Rodríguez Fariñas, veciño de Narón. Fotografía: Muiño das Aceñas. - 2º premio (dotado con 300€): José Regueiro, veciño de Sarria (Lugo). Fotografía: Rotonda de Freixeiro. -3º premio (dotado con 150€): Jorge Meis Díaz, veciño de Ferrol. Fotografía: Casa do Concello. Ademáis destas tres imaxes, o Concello seleccionou outras 9 fotografías presentadas a concurso, para editar o Calendario do Concello de Narón do ano 2015. No mes de xaneiro poderase recoller gratuitamente no Concello este calendario, no que se verán reflexados diferentes lugares de interese deste municipio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal