Neste colexio tamén se realizarán melloras nas portas e armarios das aulas. O orzamento total para O Feal ascende a 23.000 euros.
Narón, 11 de Febreiro de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, visitou onte o Colexio Público de O Feal acompañado polo director do centro, Victor Novo Carballeira. O rexedor desprazouse ata este lugar para comprobar o resultado final da obra de renovación do chan do ximnasio, valorada en 7.200€.
Esta actuación forma parte do programa de obras anual que desenvolve o goberno municipal nos colexios públicos do municipio. No CPI de O Feal tamén está prevista a renovación de portas e armarios das aulas que o necesiten, para o cal se destinarán 16.000€.
Neste ano tamén está programada a renovación de tuberías de calefacción no CEIP de Piñeiros, así coma a instalación de deshumificadores e novos radiadores en diferentes colexios. O Concello de Narón conta cun orzamento de 72.500€ para destinar a obras de mantemento de colexios no ano 2015.
En conxunto, ó longo desta lexislatura o goberno municipal leva invertidos cerca de 300.000€ nos colexios públicos do municipio (Xuvia, Piñeiros, O Feal, A Solaina, A Gándara, Virxe do Mar e CRA). Con isto demóstrase o compromiso do Concello de Narón co mantemento dos centros escolares do municipio, mellorando considerablemente as instalacións a pesares de non ser competencia municipal.