O CONCELLO RENOVA A WEB DA BIBLIOTECA, PARA FACELA MÁIS ACCESIBLE E INTERACTIVA PARA OS SEUS USUARIOS
A dirección segue a ser a mesma: http://biblioteca.naron.es
Narón, 27 de Febreiro de 2015.- A Concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe en rolda de prensa a nova páxina web da Biblioteca Municipal do Alto. Esta plataforma tense remodelado para facela máis dinámica e interactiva, conservando ó mesmo tempo os contidos principais. “Temos incorporado seccións interactivas nas que a xente pode incluir aportacións e facer comentarios ou suxestións, e ademáis melloramos a navegación, facéndoa máis sinxela e accesible para todos”, indicou a edil.
A web segue a estar dispoñible na mesma dirección (http://biblioteca.naron.es) e estrutúrase en catro grandes bloques con subcategorías:
1.- Biblioteca Pública Municipal de Narón
-Presentación
-Benvida
-Servizos
-As bibliotecarias responden
-Onde estamos
-Contacto
2.- Catálogo
-Introdución
-Boletíns e outros documentos
-Autores/as destacados/as
3.- Actividades
-Novas/blog
-Eventos
-Aporta os teus recursos (novidade)
-Listado de recursos aportados (novidade)
4.- Galería audiovisual
-Fotografías (novidade)
-Vídeo (novidade)
Os contidos da web da Biblioteca tamén poden ser compartidos polos usuarios nas diferentes redes sociais, e ademáis en breve a Biblioteca Municipal do Alto contará cun perfil propio en Facebook.