Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ELIXE Á MATRONA ISAURA GONZÁLEZ 'MULLER DO ANO 2015' POLA SÚA TRAXECTORIA PROFESIONAL
A Corporación Municipal distingue a esta profesional pola súa implicación no traballo
Narón, 6 de Marzo de 2015.- O Concello de Narón acolleu hoxe unha recepción institucional á Muller do Ano 2015, na que participaron o Alcalde, José Manuel Blanco, a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, membros da Corporación Municipal de Narón e familiares e amigos da homenaxeada. Neste ano, a persoa distinguida con este título é Isaura González Martínez, matrona do Centro de Saúde de Narón e fundadora da asociación de apoio á lactancia materna BBTTA. Vocación, sensibilidade e gran intuición son os adxectivos que mellor definen a esta profesional da saúde, cun extenso currículo entre o que se poden destacar os seguintes méritos: -Presidenta honorífica da asociación BBTTA -Vicepresidenta da Asociación Galega de Matronas -Membro do grupo de traballo do Plan de parto para o nacemento do SERGAS -Promotora e colaboradora do comité de Ferrolterra de Unicef Isaura González non se limita a exercer a súa profesión no horario habitual, senón que tamén fai visitas domiciliarias e ofrece charlas de educación sexual e talleres de masaxe infantil. Ademáis, colabora co Concello na atención a mulleres en risco de exclusión social e participará nas charlas sobre condución segura para embarazadas, en colaboración co Equipo de Educación Vial. O recoñecemento da súa traxectoria laboral, cargada de humanidade e de implicación, foi hoxe toda unha sorpresa para ela. A este respecto, declarouse “moi honrada de recibir esta homenaxe, porque axudarame a continuar traballando no camiño no que estou” comentou Isaura González. O nomeamento da Muller do Ano 2015 forma parte do programa de actos conmemorativos do Día Internacional da Muller. Ademáis, está prevista a celebración da tradicional Cea de Mulleres o venres 13 de marzo, ás 21:30 horas no restaurante Casa Becerra (San Xiao-Narón). As entradas poden reservarse no Concello ata o día 10 de marzo. Posteriormente, celebraranse tres obradoiros de saúde autocoidados: Obradoiro de Sensibilización contra o cancro de mama (16 de marzo ás 16:00 horas, na Fundación Terra de Trasancos), Obradoiro sobre o diafragma pélvico (27 de marzo ás 19:00 horas, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros) e o Obradoiro de autodefensa para mulleres (28 de marzo ás 10:30 horas, no Local Social de O Val).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal