Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ASINA XUNTO CON OUTROS 11 CONCELLOS UN PROTOCOLO DE COLABORACIÓN PARA A TRANSMISIÓN DA LINGUA GALEGA ENTRE A INFANCIA
Os municipios participantes comprométense a fomentar o uso deste idioma dende a tierna infancia.
Narón, 23 de Marzo de 2015.- A Concelleira de Educación de Narón, e responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Mª del Carmen Espada, participou hoxe na firma dun protocolo de colaboración entre doce concellos galegos, para a organización do programa “Apego”. Trátase dunha iniciativa dirixida a fomentar e mellorar a transmisión do galego, na que participarán os seguintes municipios: Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo. Esta proposta xurde ante a constatación da perda da transmisión interxeracional da lingua, e as dificultades para a socialización en galego dende a primeira infancia. Os concellos asinantes deste protocolo consideran fundamental a súa implicación para mudar esta situación, procurando o incremento da porcentaxe de nenos/as que adquiren o galego como lingua inicial e promovendo o seu uso habitual. Para levar a cabo este fin, asinouse o protocolo co fin de organizar de forma conxunta e coordinada un programa para fomentar e mellorar a transmisión da lingua galega, baixo o nome de “Apego”. Para cumprir estes obxectivos, organizaranse accións para sensibilizar sobre a importancia do legado lingüístico que recibimos, e fomentar o aumento do uso do galego no contexto familiar e social dos nenos/as nas primeiras idades. A posta en marcha deste programa incluirá a edición dunha campaña informativa con material para entregar ás mulleres embarazadas, para preparar a acollida das crianzas (libro informativo, álbum de lembranzas e outros recursos). O reparto deste material realizarase a partires do mes de maio no Concello, unha vez estea presentada a campaña. En fases posteriores está prevista a entrega dun CD para os novos nacementos (e adopcións) cuna selección de música en galego, e a creación dun espazo web para as familias sobre o desenvolvemento do programa, así como obradoiros formativos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal