Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMN@S DE PRIMARIA DO CEIP VIRXE DO MAR VISITAN O CONCELLO DE NARÓN PARA COÑECER O SEU FUNCIONAMENTO
Foron recibidos polo Alcalde, José Manuel Blanco, quen respostou a tódalas súas preguntas.
Narón, 16 de Abril de 2015.- O Concello de Narón recibiu hoxe a visita dun grupo de 22 alumn@s de 5º de Educación Primaria do CEIP Virxe do Mar dentro do “Programa de recursos educativos de apoio á escola”. O alumnado percorreu diferentes instalacións do Concello de Narón tales como o Arquivo Municipal, o Rexistro Xeral e o Servizo Sociocomunitario. A continuación, os escolares acudiron ó Salón de Plenos onde tiveron a oportunidade de realizar unha quenda de preguntas ó Alcalde, José Manuel Blanco, sobre o funcionamento da administración municipal. Na xornada de mañá venres está prevista outra visita de similares características, esta vez cun grupo de 26 alumn@s de 6º de E.P. do mesmo centro escolar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal