Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN PROXECTA NA BIBLIOTECA DO ALTO TRES CURTAMETRAXES EN GALEGO
Será o venres 15 de maio ás 19 horas, con motivo da conmemoración das Letras Galegas 2015. A entrada é libre.
Narón, 12 de Maio de 2015.- A Concellería de Educación, dirixida por María del Carmen Espada Cortizas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza unha Proxección de Curtametraxes en Lingua Galega co motivo da conmemoración das Letras Galegas 2015. Estas curtametraxes son Cada can que lamba o seu, Valor de día e Narón, unha cidade XL, todas elas creadas por alumnado do curso de ‘Creación de Curtas, Blogs e Literatura Popular Galega’, realizado en 2014 no Concello. Estas curtas, aptas para todos os públicos, proxectaranse de balde na Biblioteca Municipal o venres 15 de maio ás 19:00 horas. Tal e como explicou a Concelleira de Educación, “as curtametraxes Cada can que lamba o seu e Valor de día están baseadas en contidos tirados da literatura popular galega e teñen un ton humorístico. Pola contra, Narón, unha cidade XL pretende dar a coñecer de forma lúdica o municipio de Narón xogando co habitante 40.000 e centrando a súa trama nun grupo de monxes do mosteiro do Couto, encargados de custodiar un “elemento” que foi pasando de mans ao longo dos séculos e deberá chegar ó habitante 40.000 de Narón”, comentou Mª del Carmen Espada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal