Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINA TRES CONVENIOS PARA APOIAR A PRÁCTICA DO BALONCESTO, O BALONMÁN E O KÁRATE EN TÓDALAS CATEGORÍAS
O Concello achegará un total de 47.000 euros para financiar estas actividades deportivas.
Narón, 13 de Maio de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboración en materia deportiva cos presidentes da Agrupación Deportiva Santiago Apóstol (Juan Manuel Pérez), o Club Balonmán Narón (José Oreona) e a Escola Superior de Kárate de Narón (Gustavo Vázquez). Na firma dos acordos tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida. En base a estes convenios (vixentes ata o 31 de decembro de 2015) os clubs comprométense ó fomento e á práctica destas disciplinas deportivas dende a Base ata as categorías Senior. O Concello destinará para tal fin as seguintes aportacións económicas: -Agrupación Deportiva Santiago Apóstol (Baloncesto): 30.000€ -Club Balonmán Narón: 8.000€ -Escola Superior de Kárate de Narón: 9.000€ Estes clubs están a obter destacados resultados na presente temporada deportiva, entre os cales hoxe os seus presidentes destacaron: -Baloncesto: as categorías Junior e Infantil xogarán para ascender á Liga Galega e o equipo Senior de EBA quedou Campión da Copa Galicia, e 3º na Liga Galega. -Balonmán: consolidouse o equipo Senior, chegando á final da Copa Federación. O equipo Cadete conseguiu unha boa actuación na Liga e chegou á final da Copa Federación. O vindeiro ano, ademáis, formarase o equipo Infantil feminino. -Kárate: varios podiums de Infantil a Senior nas competicións autonómicas, e participantes en tódalas categorías nos Campionatos de España.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es