Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO ALEVÍNS E BENXAMÍNS DE PIRAGÜISMO-CIDADE DE NARÓN
Uns catrocentos rapaces e rapazas de diferentes clubes galegos participarán nas probas, que se disputarán pola mañá
Narón, 8 de xullo de 2015.- O concelleiro de Deportes de Narón, Román Romero, e o presidente do Club de Piragüismo Narón, Andrés Martínez, presentaron hoxe a sexta edición do Trofeo Cidade de Narón, do Campionato Galego de Piragüismo que se disputará nas categorías de Alevíns e Benxamíns. A regata terá lugar este sábado na zona do paseo marítimo de Xuvia, a partir das 12.00 do mediodía e ata as 14.30 horas, programándose a entrega de premios para as 15.30. O presidente do Club Piragüismo Narón agradeceu a colaboración do Concello e incidiu en que esta competición deportiva é a única deste tipo que se convoca a nivel galego. A organización apuntou que participarán nas probas uns catrocentos rapaces e rapazas procedentes de diferentes clubes de piragüismo de Galicia. Os rapaces e rapazas realizarán un percorrido duns 1.500 metros pola ría de Xuvia –desde as inmediacións das instalacións do mencionado clube- a partir das 12.00 e as saídas serán cada media hora, aproximadamente, sendo obrigatorio competir en embarcacións tipo K-1. Ao finalizar as probas das diferentes categorías entregaranse premios individuais e por equipos. No primeiro dos casos, os trofeos serán para os tres mellor clasificados e haberá tamén un recoñecemento para os dez seguintes. Os tres equipos con mellor puntuación tamén recibirán unha distinción. O concelleiro de Deportes de Narón valorou a boa acollida que ano tras ano ten esta proba deportiva e desexoulles sorte a todos os participantes. Román Romero anima a acudir a presenciar este campionato a todas as persoas que queiran gozar dunha xornada deportiva este sábado. O Concello de Narón e o Padroado de Deportes da localidade colaboran un ano máis no evento, organizado polo Club de Piragüismo Narón e pola Federación Galega de Piragüismo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal