Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN CONVOCA UNHA "OPERACIÓN KILO" NA QUE COLABORAN TRES ESTABLECEMENTOS
As doazóns poderán realizarse o venres a partir das 19.00 horas e o sábado en horario de mañá e tarde
Narón, 9 de xullo de 2015.- O Centro de Recursos Solidarios de Narón organiza unha “Operación Kilo” na localidade para conseguir diferentes produtos que se entregarán ás familias con menos recursos. A concelleira de Acción Social, Catalina García, anunciou que a iniciativa comezará mañá ás sete da tarde e retomarase o sábado día 11, en horario de 11.00 a 14.00 e desde as 19.00 ata o momento de peche da xornada dos establecementos que participan, que disporán dun espazo habilitado para depositar os donativos. Nesta ocasión colaboran na recollida de alimentos e produtos de hixiene o Hiper Froiz Narón, Lidl de Parque Ferrol e Lidl da Gándara. Desde o Concello de Narón incidiuse en que serán ben recibidas todo tipo de donacións, pero solicitase ás persoas que poidan colaborar que adquiran leite enteira, cacao soluble, aceite, azúcar e produtos de hixiene, por ser os máis demandados e, polo tanto, os que máis escasean á hora de realizar as entregas aos usuarios do Centro de Recursos Solidarios de Narón. O Centro de Recursos Solidarios atende na actualidade a unhas 1.300 persoas de Narón e doutras localidades da comarca. As instalacións, localizadas no polígono das Lagoas, en Freixeiro –nunha nave ubicada pola parte traseira do centro de exames-, abren as súas portas os martes, mércores e xoves de 09.00 a 12.30 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal