Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL ANUNCIA UNHA MODIFICACIÓN DE CRÉDITO POR IMPORTE DE 3,6 MILLÓNS DE EUROS
A operación realizarase con cargo a remanentes do exercicio económico de 2014
Narón, 17 de xullo de 2015.- O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o concelleiro de Xestión Orzamentaria e Promoción Económica, Pablo Villamar, anunciaron unha modificación de crédito no orzamento por un importe de 3.664.592 euros que se executará con cargo ao remanente do exercicio contable de 2014 e que se destinará a diversas actuacións. O rexedor local incidiu no feito de que “o goberno local de Narón tan só incluíu no apartado de investimentos do orzamento de 2015 a cantidade comprometida con outras administracións ou correspondente aos pagos que non se podían pospoñer”. Blanco explicou que esta é a práctica habitual deste goberno local e que a finalidade da mesma é “permitir aos gobernos que entran despois dun proceso electoral municipal que teñan dispoñibilidade á hora de planificar os investimentos que consideren oportunos”. Os investimentos a realizar deberán realizarse antes do 31 de decembro de 2016. O concelleiro de Xestión Orzamentaria explicou o destino desa partida. Un total de 920.444 euros serán para amortizar débeda bancaria, o que permitirá situar a finais deste ano a cantidade total en cinco millóns de euros, cando hai una anos a cantidade adeudada aos bancos superaba os oito millóns. O saneamento rural será outra das actuacións a financiar con cargo a esta modificación, concretamente 600.000 euros que se destinarán a obras nos Vicás, Sedes e O Val, zonas elixidas por dispoñer xa dos proxectos a levar a cabo e nos que se poderá dar servizo a núcleos máis poboados. Ao plan de mellora de servizos e pavimentos nas rúas destinaranse 900.000 euros, tal e como apuntou Villamar, basicamente na zona urbana, o que permitirá mellorar as conexións entre barrios. Ao plan de mellora de camiños rurais irán a parar 300.000 euros que, sumados aos 600.000 que se prevén recibir do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, permitirá igualar a cantidade á destinada á zona urbana. Unha partida de 717.322 euros reservarase para obras en inmobles e bens municipais, entre as que se inclúen melloras en instalacións deportivas, a nivel informático e tamén a dotación de aire acondicionado nas instalacións da Policía Local e no Concello, entre outras. A gasto corrente irán a parar os 226.825 euros restantes, para suplementos de crédito, según explicou o edil de Xestión Orzamentaria de Narón. “Os catro anos anteriores neste Concello fíxose un esforzo para que as contas, a pesar de estar en tempos de crise, fosen sostibles, e esta modificación de crédito con cargo aos remanentes que hoxe anunciamos é a proba evidente de que fomos capaces de conseguilo”, subliñou Villamar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal