Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLEU O XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE DE NARÓN
Unhas duascentas persoas pasaron durante a xornada polo escenario do Pazo
Narón, 18 de xullo de 2015.- O Pazo da Cultura acolleu o XXV Festival Internacional de Folclore de Narón, un evento programado polo consistorio naronés desde o ano 1990 coa finalidade de recuperar e difundir o folclore galego e tamén as culturas doutros países. Nesta ocasión actuaron os grupos folclóricos Valdemedel, orixinario de Ribera del Fresno, en Badajoz (Extremadura) e o de Cantares e Balhados da Relva, de Azores (Portugal); a agrupación folclórica Kin Yich e o grupo de música tradicional Águila o Sol (México), ademais da formación musical T-ta Paramadina organización estudantil da Universidade Paramadina, de Yakarta (Indonesia). Os asistentes gozaron tamén da cultura e o folclore galegos con dúas agrupacións locais: a Banda de Gaitas e o Grupo de Danza Tradicional Alxibeira do Padroado da Cultura do Concello de Narón. A entrada ao espectáculo, que tivo unha duración aproximada de dúas horas, foi gratuíta. Con motivo da celebración deste evento, ao mediodía celebrouse unha recepción oficial a todos os grupos no Pazo da Cultura. Á mesma asistiron o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a concelleira de Cultura, Marián Ferreiro e o director técnico do Pazo da Cultura, Luciano Fernández. Á cita convidouse desde o goberno local a todos os portavoces dos grupos políticos con representación no Concello de Narón.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es