Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ANALIZA A XESTIÓN DAS RESTRICIÓNS NO CONSUMO DE AUGA DA REDE DE ABASTECEMENTO
Políticos e técnicos municipais incidiron na importancia de que non fose necesario activar o Plan de Emerxencias Municipal
Narón, 23 de xullo de 2015.- O Concello de Narón acolleu unha reunión presidida polo alcalde, José Manuel Blanco, e na que tamén participaron responsables políticos e técnicos desta administración local para analizar a resposta que se deu á restrición no consumo da auga da rede de abastecemento procedente do subministro da empresa Emafesa (xestora do servizo en Ferrol) que se rexistrou a pasada semana e que obrigou a prohibir temporalmente a súa inxesta e uso para cociñar. Na xuntanza o rexedor local incidiu no feito de que, ante a situación, non foi necesario activar o Plan de Emerxencia Municipal do Concello de Narón (PEMU), en vigor desde o ano 2010. As medidas adoptadas desde o pasado xoves, día no que se anunciou a prohibición de consumir auga da rede de abastecemento, encamiñáronse de inmediato á atención ás necesidades da poboación da localidade en canto ao subministro de auga potable, ao non depender do municipio naronés a depuración da auga procedente da rede, tal e como recordou Blanco, senón da empresa Emafesa. Os asistentes á reunión agradeceron o traballo que realizou o persoal funcionario e laboral do Concello, así como o prestado por voluntarios que colaboraron desde o mesmo xoves ata o sábado –xornada na que se declarou apta para o consumo humano a auga da rede de abastecemento -en todas as tarefas levadas a cabo desde o municipio, tanto informativas como de dispensación de auga nos diferentes núcleos da zona urbana e rural de Narón. O agradecemento fíxose extensivo aos veciños e veciñas da localidade, que atendendo ás indicacións feitas desde o Concello, deron mostra dun consumo responsable e non fixeron acopio da auga embotellada que se entregaba nos dous puntos establecidos: o Centro de Recursos Solidarios de Narón e o pavillón polideportivo Campo da Serra, en Santa Icía. O Concello de Narón é, tal e como recordou o alcalde, o único da comarca que conta con un Plan de Emerxencias Municipal. O documento está en vigor desde maio de 2010 e tamén conta coa aprobación da Comisión Galega de Protección Civil da Xunta de Galicia, organismo presidido polo máximo responsable desta última administración, Alberto Núñez Feijóo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal