Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DISPÓN DUN NOVO PARQUE INFANTIL NO BARRIO DA GÁNDARA
A zona dispón de varios elementos de xogo e localízase na rúa Vilalba
Narón, 25 de agosto de 2015.- O Concello de Narón continúa incrementando o número de zonas de xogo infantil localizadas no municipio. Ás xa existentes súmase dende hai unhas semanas o novo parque localizado na rúa Vilalba, no barrio da Gándara. As instalacións supuxeron á administración local un desembolso de 19.311 euros e executáronse con cargo ao orzamento correspondente ao exercicio de 2015. A área de xogo infantil da rúa Vilalba dispón de varios elementos: columpios, un balancín e un tobogán con dúas zonas anexas para que os nenos e nenas poidan trepar por unha especie de rede. O chan sobre o que se delimita a zona é de baldosas de goma, un material que permite amortiguar posibles caídas e que cumpre a normativa da Unión Europea sobre seguridade infantil neste tipo de espazos. Nas inmediacións do parque da rúa Vilalba está prevista a construción dunha pista multideporte con cargo ao orzamento municipal do vindeiro ano. As instalacións proxectáronse nun área do barrio da Gándara moi poboada, con varios edificios de nova construción, e próxima a instalacións deportivas, culturais e educativas. A localidade de Narón conta na actualidade cun total de sesenta e catro parques infantís, unha cifra que permite situar ao municipio á cabeza das cidades de Galicia en canto á media deste tipo de instalacións por habitante, situándose en case un parque por cada 500 persoas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal