Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DE NARÓN RETOMA A SÚA ACTIVIDADE
As oficinas localízanse no baixo da Casa da Cultura, na Praza de Galicia
Narón, 2 de setembro de 2015.- A Escola de Participación Cidadá do Concello de Narón retoma a súa actividade tralo descanso polo período estival. O persoal das oficinas, ademais de manter as xornadas de atención ao público continuará realizando visitas para asesorar ás diferentes entidades locais, programando accións formativas, traballando nos Consellos Territoriais, unha vez designados os membros destes últimos organismos e divulgando as diferentes actividades organizadas polo Concello. O horario de atención ao público das oficinas, localizadas no baixo da Casa da Cultura –na Praza de Galicia- manterase os mércores, xoves e venres de 09.30 a 13.30. Fóra deste horario tamén poden concertarse citas chamando ao número de teléfono 629 747 336. Así mesmo, a Escola de Participación Cidadá de Narón contempla a posibilidade de realizar encontros nos locais sociais dos diferentes barrios e parroquias do municipio ou nas oficinas da Casa da Cultura. Os colectivos interesados poden difundir as actividades que organicen ao longo do ano a través do mail: escoladeparticipacion@cidadania.coop. A concelleira de Acción Social, Catalina García, informa ademais de que, tal e como estaba previsto, este mes se convocará aos responsables da área de Participación Cidadá dos concellos da comarca para continuar traballando no deseño de accións conxuntas nesta materia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal