Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN ORGANIZA A "II FESTA INFANTIL CIDADE DE NARÓN" PARA DESPEDIR A TEMPADA ESTIVAL
A convocatoria terá lugar este domingo, día 6, no parque fluvial do Río Freixeiro
Narón, 3 de setembro de 2015.- O parque fluvial do Río Freixeiro acollerá este domingo, día 6, a “II Festa Infantil Cidade de Narón”, organizada polo Concello naronés baixo o lema “Despídete do verán”. A edil de Festas, Mar Gómez, presentou o evento acompañada por Carla Iglesias, xerente da empresa La Guagua, que se encargará de desenvolver un variado programa de actividades que se sucederán entre as 12.00 e as 20.00 horas, cun descanso ao mediodía. A concelleira de Festas anima aos veciños e veciñas de Narón a asistir a esta convocatoria, “coa que despediremos a tempada de verán pensando tanto nos nenos e nenas como nas súas familias, para que todos eles poidan gozar dunha xornada lúdico-festiva”. Un equipo formado por unha vintena de persoas, entre animadores, speakers, monitores e técnicos, encargarase de que todo estea a punto durante a xornada. Entre as actividades de animación destacan a Festa da Auga –será ás 18.30 horas-, a Busca do Tesouro –a partir das 12.00-, a Festa de Superheroes –ás 13.00- e a Festa da Espuma –desde as 19.00-. As Babycancións, ás que poden asistir nenos e nenas a partir dun ano, comezarán ás 16.30 horas. No parque fluvial do Río Freixeiro estarán dispoñibles entre as 12.00 e as 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 tobogáns acuáticos, unha táboa de surf mecánica, camas elásticas, karts e tamén haberá obradoiros de tatuaxes de purpurina, pintacaras e globoflexia, entre outros, tal e como explicou Carla Iglesias. A edil Mar Gómez recordou que todas estas actividades son gratuítas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal