Representantes da corporación local e persoal funcionario e laboral concentrouse ante a porta principal do Concello de Narón
Narón, 7 de setembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabibo, asistiron xunto con representantes de todos os grupos políticos da corporación local e persoal funcionario e laboral do Concello á concentración convocada en repulsa dun suposto caso de violencia de xénero. A última hora da tarde do pasado día 6 de agosto falecía en Vigo unha muller de nacionalidade brasileira, de 46 anos, presuntamente vítima dunha serie de golpes que supostamente lle propinou a súa parella, un home de 31 anos, de Vigo.
De confirmarse tralas investigacións policiais as casusas deste suceso sería a terceira muller morta en Galicia no que vai de ano por un suposto caso de violencia de xénero. O goberno local de Narón convocou unha concentración silenciosa ás portas da Casa Consistorial en sinal de repulsa a este tipo de actos e para condear a violencia machista.