Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRIMEIRA TENENTE DE ALCALDE DE NARÓN, MARIÁN FERREIRO, PARTICIPOU NUNHA REUNIÓN DO EIXO ATLÁNTICO
Na convocatoria explicáronse as liñas de financiamento da Comisión Europea para impulsar políticas urbanas
Narón, 15 de setembro de 2015. A primeira tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse ao Concello de Ourense para asistir a un encontro do Eixo Atlántico no que se explicaron as liñas estratéxicas e de financiamento que a Comisión Europea habilitará para impulsar a política urbana, entre outros asuntos. A representante do Concello de Narón valorou positivamente o encontro mantido na cidade ourensá. Á convocatoria, á que se invitou aos alcaldes e ás alcaldesas de municipios membros do Eixo, ademais de aos presidentes das Deputacións da Coruña e Lugo, Valentín González e Elena Candia, respectivamente, acudiu Judit Torokne, responsable de política urbana na Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea. A cita comezou ás 10.30 horas no salón de plenos do Concello de Ourense e rematou pasada a unha da tarde.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal