Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS AOS CATORCE ALUMNOS QUE REMATARON UN CURSO DE CARNICERÍA
A acción formativa, de 400 horas de duración, enmarcouse no programa municipal "Mocifor 2015"
Narón, 22 de setembro de 2015. O Concello de Narón acolleu o acto de entrega de diplomas aos alumnos que realizaron o curso de Carnicería promovido pola Concellería de Formación, que dirixe a edil Natalia Hermida, a través do programa “Mocifor 2015”, dirixido a desempregados/as da localidade de entre 18 e 35 anos. O acto estivo presidido polo alcalde, José Manuel Blanco, que felicitou aos catorce alumnos e alumnas que remataron con éxito este curso, de 400 horas de duración, que comezou o pasado mes de abril e rematou en agosto. O investimento do Concello no programa “Mocifor 2015” ascendeu a 15.000 euros. A edil de Formación destacou o interese dos participantes nesta acción formativa impulsada polo Concello e valorou o seu “esforzo e ilusión” do alumnado durante o desenvolvemento das clases, que tiveron lugar no Centro Municipal de Formación “Irmáns Froilaz” e cuxas prácticas se realizaron en diferentes empresas da zona. Natalia Hermida e José Manuel Blanco agradeceron especialmente a colaboración prestada por esas firmas “sen a que non podería celebrarse este curso”, tal e como apuntou o alcalde. O éxito da convocatoria traduciuse nesta ocasión na formalización de contratos de traballo a dúas persoas que realizaron este curso.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal