Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN EN REPULSA DOS ÚLTIMOS CASOS DE VIOLENCIA MACHISTA
Representantes da corporación local e persoal funcionario e interino gardaron un minuto de silencio ante o Concello
Narón, 26 de outubro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, encabezaron a concentración que tivo lugar ante a porta principal do Concello para condenar os últimos asasinatos machistas. Ao acto asistiron tamén os portavoces de Terra Galega, Marián Ferreiro; Partido Popular, Marcos Balado e PSOE, Catalina García, así como varios edís da corporación municipal, persoal funcionario e interino. Na parroquia pontevedresa de Pontesampaio o pasado sábado un home de 34 anos asasinou á súa exparella, Concepción Reguera, de 38 anos. Nesa mesma xornada rexistrouse un novo caso de violencia machista, en Fuengirola (Málaga), onde un home de 36 anos matou supostamente á súa parella, unha muller da misma idade. A estes dous casos sumouse un terceiro a semana pasada, o xoves, nesa ocasión en Tenerife, onde morreu outra muller vítima dun presunto caso de violencia machista a mans da súa exparella. A corporación local naronesa manifestou na concentración, na que se gardou un minuto de silencio, a súa repulsa a calquera acto de violencia e, en particular nesta ocasión, á machista, unha lacra social que causou a morte de máis de trinta mulleres en España no que vai deste ano.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal