Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE TURISMO CONVOCA A SEXTA EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO "CIDADE DE NARÓN"
Os traballos deben estar relacionados co deporte local e poderán presentarse entre o 3 e o 17 de novembro
Narón, 26 de outubro de 2015. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou unha nova convocatoria, a sexta, do Concurso Fotográfico “Cidade de Narón”. As persoas interesadas en participar deberán entregar as súas imaxes –cun pseudónimo- no rexistro do Concello ou no quinto andar, entre as 08.30 e as 13.30 horas e desde o 3 ata o 17 de novembro. O Concello repartirá un total de 1.200 euros en premios. A edil naronesa explicou que as fotografías a presentar poden remontarse ata setembro do ano pasado e deberán estar relacionadas coa fotografía deportiva ou de promoción do exercicio físico relacionada co Concello, non limitándose exclusivamente os temas á competición. Nas fotografías debe recoñecerse con claridade a presenza do Concello, a través de instalacións, exteriores, equipación, logotipos ou escudos do Concello de Narón ou Cidade de Narón, tal e como se especifica nas bases do certame. Poderanse presentar ata un máximo de tres imaxes por persoa, en cor ou en branco e negro, cunha resolución mínima de 1024x768 píxels e en formato JPG, TIFF ou PNG. O soporte deberá ser obligatoriamente dixital e cada unha debe levar un título como nome de arquivo. O autor da fotografía que obteña o primeiro premio recibirá 750 euros; o segundo galardón será de 300 euros e o terceiro de 150. As persoas interesadas en participar poden consultar as bases completas deste concurso na páxina web da Concellería de Turismo –www.turnaron.es- ou na do Concello –www.naron.es- e tamén poden chamar ao número de teléfono 981 33 77 00 (ext.1517). O fallo do xurado farase público unha vez transcurran trinta días naturais desde o inicio do prazo de presentación das fotografías. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, destacou o éxito que ano tras ano ten esta convocatoria, recordando que cada unha delas se reserva a un tema diferente. A edil anima a todos os interesados a participar nesta iniciativa, “coa que pretendemos difundir unha das áreas da política municipal, nesta ocasión a deportiva, un campo no que Narón ten unha gran diversidade tanto de instalacións como de usuarios das mesmas”.
Descarga de archivos
BASES DO CONCURSO
Tamaño:176,34 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal