Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLEIRA DE PROMOCIÓN SOCIAL VISITOU ÁS ALUMNAS DO CURSO "COIDANDO Á COIDADORA"
As sesións desenvólvense no Centro Sociocomunitario Manuela Pérez Sequeiros e rematarán o vindeiro mes de decembro
Narón, 30 de outubro de 2015. A edil de Promoción Social, Teresa Sabio, realizou unha visita ás alumnas que participan no obradoiro "Coidando á coidadora", que se desenvolve no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Oito mulleres asisten ás sesións, iniciadas a principios de mes e que rematarán o 18 de novembro. A concelleira naronesa recordou que aínda quedan dispoñibles seis prazas, e destacou a importancia deste tipo de actividades, incidindo no feito de que as persoas interesadas poden acudir incluso iniciado o curso, como é o caso, “porque deste xeito coñecerán mellor os temas a tratar de cara á convocatoria que desde esta concellería se realizará novamente o vindeiro ano”. Para anotarse hay que presentar as instancias no Rexistro municipal, en horario de 08.30 a 13.00. “Este tipo de accións formativas están pensadas para coidadores non profesionais e entre os seus obxectivos está dotalos de mellores recursos, habilidades e estratexias á hora de ter que facerse cargo do coidado dunha persoa dependente”, subliñou a edil de Promoción Social. As sesións desenvólvense polas tardes, de 18.30 a 20.30 os venres, tal e como recordou Teresa Sabio. Para recibir máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1113 e 1115).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal