Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINOU UN CONVENIO COA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN
O acordo supón una achega de 9.000 euros e permitirá desenvolver varias accións para fomentar o sector na localidade
Narón, 16 de novembro de 2015. O rexedor local, José Manuel Blanco, asinou un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón, Olga Ameneiro, por importe de 9.000 euros. Ao acto acudiu tamén o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar. Un dos obxectivos deste acordo é potenciar o comercio local e impulsar accións para fomentar a súa fluidez e tamén para lograr que a veciñanza de Narón colabore na promoción do sector na localidade. Entre as actividades a levar a cabo con estes fins están as Campañas de Outono “Chegar e encher”, que se desenvolveu recentemente no municipio, e a de Nadal, que terá lugar en decembro e que inclúe varios sorteos. Así mesmo, tamén se impartirán varias charlas de formación dirixidas ao colectivo, tal e como se contempla no documento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal