Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COSMA COBRARÁ POR CONSUMO REAL DE AUGA DENDE O SEGUNDO TRIMESTRE DO 2008
A medida beneficiará ós consumidores domésticos que gasten menos de 28 metros cúbicos, que verán reducido o prezo do seu recibo trimestral. Máis da metade dos naroneses inclúense neste grupo.
O Concello de Narón, a través da súa empresa mixta de augas COSMA, iniciará un novo sistema de cobro da auga por consumo real e non por mínimos, tal e como viña facendo ata o de agora. A nova medida aplicarase a partires do segundo trimestre de 2008, logo de ser aprobada no Pleno de primeiros de ano. A proposta foi presentada no Consello de Administración de COSMA, que tivo lugar o pasado 19 de Decembro no Concello. Esta medida é respaldada polo goberno local e foi calificada como “bastante interesante” polo Alcalde, Xoán Gato, quen explicou que coa sua entrada en vigor cambiará a clasificación dos clientes da empresa de augas. Ata agora, dividíanse en aboados domésticos e industriais, pero dende o vindeiro ano, COSMA contemplará tres categorías máis dentro destos últimos. Así, pasará a haber aboados correspondentes a pequeño comercio, hostelería, e industrias. Ainda que o consumo de auga é moi diferente dependendo do tipo de negocio, Cosma factura a todos o mesmo mínimo –fixado en 90 metros cúbicos-, situación que cambiará a partires do segundo trimestre de 2008. Será entón cando os pequenos comerciantes que facturen ata 15 m3 de auga paguen só polo consumido. O Alcalde indicou que aproximadamente a metade do comercio de Narón sitúase nesta franxa. Na categoría da hostelería, o máximo está nos 82 m3 de auga consumida. Quen os sobrepase, pagará por consumo real. E no caso das grandes industrias de Narón –tales como Megasa ou Poligal- o consumo medio establécese en 90 m3. Os que o sobrepasen, notarán un aumento progresivo da factura da auga. En canto ós aboados domésticos, o Concello situará o límite do consumo de auga en 28 m3 trimestrais. Segundo o Alcalde, o consumo dun cliente medio de COSMA é de 24 m3, e esta cifra supón un 62% dos aboados da empresa. “Si continúan consumindo como ata agora, se verán beneficiados pero si consumen máis, pagarán máis”, indicou Xoán Gato, quen abogou por “axudar a que se consuma menos auga, e quen consume menos, que tamén pague menos”, dixo. A facturación do consumo da auga por consumo real é un acordo do Pleno, pendente da revisión do prezo ó que vende a auga Ferrol a Narón. O convenio, actualizado o pasado 17 de Decembro, permite desbloquear este tema e repercutirá nunha suba do 31,42% do prezo da auga que Narón compra ó seu veciño, con respecto a principios deste ano. “Iso oblíganos a subir casi un 5% as tarifas da auga e saneamento, pero ese incremento non o notarán os cidadáns senon as empresas que máis consuman”, indicou o rexedor naronés. Gato engadiu que “o 61% do aboados domésticos, e o 50% dos pequenos comercios, hostelería e grandes industrias pagarán menos. E pagarán máis aqueles que non fagan un esforzo por reducir o consumo. Eles pagarán ese 5% da subida que nos fai Ferrol”, estimou. Narón calcula que mercará en 2008 un total de 3.800.000 m3 de auga a Ferrol, o que suporá un desembolso de 402.000 euros. O incremento do 5% da tasa de auga e saneamento “irá cargado exclusivamente ás grandes industrias, hostelería e pequenos comercios que consuman por encima dos baremos establecidos, e ós consumidores que sobrepasen o límite”, insistiu Xoán Gato.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal