Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA DESIGNAR AOS REPRESENTANTES DAS AAVV, ENTIDADES CULTURAIS E CONSELLOS ESCOLARES NA XUNTA DO PADROADO DA CULTURA
O prazo para entregar as propostas rematará o 11 de decembro
Narón, 27 de novembro de 2015. O Padroado da Cultura aprobou a convocatoria de eleccións para designar a sete representantes da Xunta do Padroado. En total elixirase mediante a pertinente votación a tres representantes das Asociacións de Veciños, outros tres das entidades culturais e un dos Consellos Escolares dos Centros Públicos de Ensino. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o vindeiro 11 de decembro –ás 14.00 horas-. As propostas deben formularse por escrito, facendo constar no documento o nome da entidade que presenta a candidatura e tamén o nome, enderezo e número de teléfono dos candidatos, debendo entregarse no Pazo da Cultura, no horario de apertura habitual das instalacións. As votacións para elixir aos citados representantes terán lugar o vindeiro 16 de decembro no Pazo da Cultura. Ás 18.00 horas serán as correspondentes á elección dos membros dos Consellos Escolares, ás 18.30 dos das asociación de veciños e ás 19.00 dos de entidades culturais. As votacións serán secretas e en lista aberta, tendo que escoller cada entidade a un número de candidatos non superior ao que lle corresponde ao seu grupo na Xunta, tal e como se explicou desde o Padroado da Cultura. O período de vixencia dos cargos será de dous anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal