Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INICIO DAS CLASES DO "I CAMPUS TECNOLÓXICO NARÓNTECH" NA AULA CEMIT DE XUVIA
Trinta nenos e nenas participan nas sesións, que continuarán desenvolvéndose os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro en horario de mañá e tarde
Narón, 21 de decembro de 2015. Os trinta rapaces e rapazas que obtiveron praza no “I Campus Tecnolóxico Naróntech” comezaron hoxe as clases na Aula Cemit de Xuvia, localizada no antigo Concello. Ata alí se desprazou esta mañá a edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, que saudou aos participantes nesta actividade que se desenvolve por primeira vez na localidade. A edil explicou que esta iniciativa supón ás arcas locais un desembolso de 2.940 euros -98 euros por participante- financiados íntegramente nesta ocasión polo Concello ao tratarse dun programa piloto. As clases continuarán mañá e tamén os días 23, 28, 29 e 30 de decembro, en dúas quendas en horario de maña e de tarde –entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00- en función das idades do alumnado, divididos en dous grupos: os de 8 a 10 e os de 11 a 14 anos. “Trátase dunha proposta formativa diferente ás que viñamos organizando ata o momento desde o Concello. Co Campus Tecnolóxico Naróntech apostamos pola innovación e a actualidade, xa que os participantes terán a oportunidade de fomentar a súa creatividade en materia informática”, explicou a edil. O alumnado desta actividade recibirá formación sobre robótica, programación de videoxogos e de Minecraft, entre outras temáticas a abordar durante as sesións deste campus.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal