Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALARÁ SETENTA NOVAS PAPELEIRAS E DEZAOITO COLECTORES PARA DIFERENTES TIPOS DE RESIDUOS
Os traballos iniciados esta semana suporán a instalación de setenta papeleiras e dezaoito contedores de lixo
Narón, 7 de xaneiro de 2016. O Concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou que a empresa concesionaria do servizo de limpeza na localidade, Urbaser, está colocando novas papeleiras e colectores de lixo nas zonas urbanas e rural do municipio. O edil explicou que as tarefas se iniciaron esta semana e que se continuarán desenvolvendo nos vindeiros días ata completar os traballos previstos. “A actuación responde á intención do goberno local de incrementar os puntos de recollida de determinados residuos para poder ter un municipio máis limpo, algo para o que necesitamos tamén a colaboración da veciñanza”, asegurou o edil de Servizos. Así mesmo, Santalla especificou que as tarefas non supoñen ningún coste a maiores para as arcas locais do establecido no seu día no contrato coa citada empresa. En total colocaranse 70 papeleiras -50 do modelo estándar e outras 20 xiratorias das que se instalan nas prazas públicas- e dezaoito colectores –seis modelo iglú para vidro, outros seis para residuos orgánicos e os restantes para depositar plástico, envases de metal e bricks-. Xa están instalados novos colectores no Alto e en Castro –para papel e cartón-, e nas parroquias de Xuvia e Sedes –para o vidro- e procederase a colocar as papeleiras no paseo da Gándara e nas prazas nos vindeiros días, en canto melloren as condicións meteorolóxicas. “Estes traballos para incrementar o número de colectores seguiremos levándoos a cabo a medida que detectemos esa necesidade en calquera punto da zona urbana ou rural”, subliñou Santalla. O concelleiro de Servizos destacou a importancia de separar os residuos de cara á súa reciclaxe, unha labor, apuntou “respectuosa co medio ambiente e que todos e todas debemos ter moi en conta día a día para poder contribuír a o tan necesario coidado medioambiental e a aumentar as toneladas de residuos que cada ano se envían a reciclar desde esta localidade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal