Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O 1 DE FEBREIRO O PRAZO DE MATRÍCULA EN CATRO CURSOS DE INFORMÁTICA DO PROGRAMA FORMATIVO MUNICIPAL "HABILITA 2016"
Estas accións formativas diríxense a persoas desempregadas, empadroadas en Narón e maiores de 18 anos
Narón, 27 de xaneiro de 2016. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a convocatoria de catro cursos do programa formativo municipal “Habilita 2016”, dirixido a veciños e veciñas de Narón desempregados e maiores de 18 anos. “Xestión empresarial con software libre (ContaSol e FactuSol)”; “Habilidades dixitais básicas” –haberá dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde- e “Marca persoal: diferenciándome nas redes” son as modalidades que se impartirán entre os meses de febreiro e maio, dependendo da opción elixida. As persoas interesadas en anotarse deben facelo no Rexistro Municipal –de 8.30 a 13.30 horas-, onde deberán cubrir un formulario que poden recoller alí ou descargar da páxina web do Concello –www.naron.es-. O prazo de matrícula abrirá o vindeiro 1 de febreiro e pechará o 19 dese mes, se ben as prazas, corenta en total, se cubrirán por rigorosa orde de inscrición e tan só se poderán solicitar dous cursos como máximo por persoa, tal e como recordou Natalia Hermida. A edil de Formación e Novas Tecnoloxías explicou que se convocan dez prazas para o curso de “Xestión empresarial con software libre” (260 horas), que se impartirá no Centro Municipal de Formación da Gándara; un total de vinte para o de “Habilidades dixitais básicas” (100 horas cada curso) –dez alumnos por edición- e outras dez para o de “Marca persoal” (60 horas). Estes últimos desenvolveranse na Aula Cemit de Xuvia. “Con estes cursos cubriremos un total de 520 horas de formación, ofrecendo a posibilidade de que corenta persoas poidan iniciar ou mellorar os seus coñecementos na área de novas tecnoloxías e así ampliar as súas posibilidades de empregabilidade”, subliñou Hermida. As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1123/2602 ou 1120).
Descarga de archivos
FICHA DE INSCRICIÓN
Tamaño:236,13 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal