Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLE A SEGUNDA EDICIÓN DO FESTIVAL "MÚSICAS PARA A SEMENTE"
A cita será o 21 de febreiro a partir das seis da tarde, hora á que comezarán a sucederse varias actuacións dirixidas ao público infantil
Narón, 17 de febreiro de 2016. O auditorio municipal acollerá o día 21 de febreiro a segunda edición do festival Músicas para a Semente, para apoiar o proxecto Semente de Trasancos, que impulsa unha formación educativa centrada nunha escola popular, en galego, e na que primen a convivencia e o contacto coa natureza. A Asociación Semente de Trasancos organiza esta convocatoria na que colabora o Concello de Narón a través da Concellería de Cultura, que preside a edil Marián Ferreiro. O programa deseñado para a ocasión pola entidade inclúe as actuacións de Guadi Galego, Roberto Cribeiro, Pitusa Semifusa –con Olga Brañas e Andrea Picos- e as cantareiras do CD que se presentará durante o evento: Músicas para a Semente, un disco repleto de cancións tradicionais. A cita será a partir das 18.00 horas e os asistentes participarán no sorteo dunha lámina con deseños de Gelo Paz. As entradas teñen un prezo de 10 euros, se ben os nenos e nenas menores de 7 anos asistirán de balde. Poden adquirirse na taquilla do auditorio municipal, na praza de Galicia, o propio día do festival ou no Muíño do Fabal (Narón), na Fundación Artabria (Ferrol) e nos establecementos hostaleiros Futbolín e Varadoiro, (ambos en Pontedeume).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal