Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA DAS FASES DE ZONA DO CLUB DE DEBATE CELEBRARASE NO AUDITORIO MUNICIPAL
A convocatoria, na que participarán o colexio do Feal (Narón ) e outros dous centros de Ferrol e un de Carballo, terá lugar o 5 de marzo a partir das 9.30 horas
Narón, 2 de marzo de 2016. O auditorio municipal acollerá o día 5 de marzo unha Fase de zona do Club de Debate, en cuxa quinta edición participan once concellos galegos, entre eles Narón, que se sumou este ano por primeira vez a esta iniciativa. Así o anunciou a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, que explicou que a iniciativa se convoca co fin de fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado de terceiro de ESO, de primeiro de Bacharelato e Ciclos Formativos e, ao tempo, xerar neles un pensamento crítico afondando en diferentes temas. “Debemos acoller os refuxiados” é a temática sobre a que falarán os equipos reunidos na localidade este sábado e no que ademáis de escolares de Narón estarán representados outros procedentes de centros de ensino de Ferrol e Carballo. A Fase de zona de Narón comezará ás 9.30 horas –o remate está previsto sobre as 14.00- e súmase ás que se desenvolverán en Pontevedra, na Coruña e en Negreira. En total participarán no acto do sábado 31 alumnos e alumnas de catro centros: o CPI do Feal (Narón); o IES Isidro Parga Pondal (Carballo); o IES Leixa (Ferrol) e o Colexio Plurilingüe Compañía de María (Ferrol). Algo máis de 350 rapaces e rapazas -divididos en 38 equipos de 22 centros de ensino- participan nestes debates, organizados polos Servizos de Normalización Lingüística de once concellos. Os gañadores das Fases de zona recibirán un premio en material cultural valorado entre 500 e 300 euros e o equipo vencedor na final galega –que se disputará o 30 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra- recibirá como premio unha viaxe multiaventura dunha fin de semana para 20 persoas nun lugar no que poidan coñecer novos aspectos da realidade lingüística, tal e como apuntaron desde a organización. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, valorou o feito de que unha das fases do Club de debate se celebre por primeira vez no municipio e agradeceu a participación do alumnado en xeral e, en particular, dos mozos e mozas do colexio do Feal que se sumaron á convocatoria. “Con esta actividade o alumnado terá a oportunidade de fomentar o uso da nosa lingua pero trátase ademais dunha excelente ocasión para que amosen, ademais da fluidez coa que falan galego, a súa capacidade de traballar en equipo, valores que porán en práctica durante as sesións de debate e que, sen dúbida, teñen especial relevancia na área da formación do colectivo ao que se dirixen”, apuntou Taibo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal