Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
BARABU PRODUCCIONES REPRESENTARÁ O MUSICAL "TOY STORY" NO PAZO DA CULTURA
A posta en escena terá lugar o domingo 6 de marzo a partir das 18.00 horas
Narón, 3 de marzo de 2016. A compañía Barabu Producciones representará o día 6 de marzo no Pazo da Cultura a obra “Toy Story”. Este musical, de algo máis dunha hora de duración, está dirixido ao público familiar e infantil. A posta en escena comezará ás 18.00 horas e as persoas interesadas poden adquirir as súas entradas na venta anticipada, a un prezo de 12 euros, ou o propio día da actuación, a 15 euros. A obra é unha adaptación renovada ao guión do filme de animación de Disney Pixar sobre un conxunto de xoguetes “con vida”. O protagonista deste espectáculo é Andy, un rapaz que tras rematar os seus estudos universitarios regresa á súa casa e abre unhas caixas que el mesmo embalara anos atrás cheas de xoguetes. Recorda os momentos vividos e, nunha aposta pola solidaridade decide doalos aos nenos e nenas máis desfavorecidos. A concienciación cidadá sobre as desigualdades no mundo é un dos obxectivos deste musical, no que se incide no feito de que os xoguetes nunca morren e poden facer felices a moitos rapaces e rapazas.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es