Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DE XUVIA E A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERON OS ÚLTIMOS ACTOS DO PROGRAMA DO VII FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "CONTA CON NARÓN"
Os narradores Nelson Calderón e Paula Carballeira foron os encargados de poñer fin á programación deste evento
Narón, 5 de marzo de 2016. As “Contadas Infantís” celebradas o 5 de marzo, a partir das 12.00 horas, no Centro Cívico Social de Xuvia e na Biblioteca municipal do Alto pecharon o programa da sétima edición do Festival Internacional de Narración Oral “Conta con Narón”. Máis dun cento de persoas –menores e adultos- asistiron ás dúas sesións protagonizadas polo colombiano Nelson Calderón en Xuvia e pola galega Paula Carballeira no Alto. A edil de Cultura, Marián Ferreiro, valorou o éxito desta nova edición do festival e agradeceu a participación dos narradores convidados nesta convocatoria, Nelson Calderón, Paula Carballeira, Quico Cadaval (Galicia) e Boniface Ofogo (Camerún). Os catro protagonistas deste festival participaron o pasado venres nunha “Contada Colectiva” no auditorio municipal –na praza de Galicia-, se ben na xornada anterior, a do xoves día 3, contou tamén unha gran variedade de historias no Café Teatro do Pazo da Cultura o colombiano Nelson Calderón, encargado de inaugurar a convocatoria deste ano. A edil de Cultura destacou ademais a boa acollida que tiveron as sesións programadas nos CEIP da Gándara e da Solaina e no CPI do Feal, “onde os alumnos e alumnas puideron gozar dunha actividade cultural nas propias aulas dos centros, o que permite diversificar a formación e os métodos a través dos que achegar este tipo de sesións aos rapaces e rapazas”. A concelleira naronesa destacou a implicación dos tres centros de ensino que se acolleron a esta proposta municipal e tamén do alumnado e do público que acudiu ás diferentes “contadas” que se desenvolveron desde o pasado xoves en diferentes ubicacións da localidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal