Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DE CENTROS DE NARÓN, FERROL E CARBALLO PARTICIPOU NA FASE DE ZONA DO CLUB DE DEBATE 2016 CELEBRADA NO AUDITORIO
Os equipos do IES Leixa (Ferrol) e do IES Isidro Parga Pondal (Carballo) partiparán na final do certame, que terá lugar o 30 de abril en Pontevedra
Narón, 5 de marzo de 2016. Unha das Fases de zona do Club de Debate 2016 para o fomento do uso la lingua galega entre a mocidade desenvolveuse o 5 de marzo, a partir das 9.30 horas, no auditorio municipal do Alto. Unha trintena de rapaces e rapazas –de terceiro curso da ESO e primeiro de Bacharelato, según os centros- do CPI do Feal (Narón), do IES Isidro Parga Pondal (Carballo), do IES Leixa (Ferrol) e do Colexio Plurilingüe Compañía de María (Ferrol) participaron na convocatoria, amosando o seu dominio do idioma e tamén as súas habilidades para debatir sobre o tema proposto: “Debemos acoller aos refuxiados”. Os gañadores desta convocatoria foron os alumnos e alumnas dos IES Leixa e IES Isidro Parga Pondal, que recibiron o primeiro e segundo premio, respectivamente. As sesións de debate, nas que se controlaba coidadosamente os tempos empregados no turno de palabra, remataron pasadas as 13.30 horas. A continuación o xurado, formado pola actriz Flor Maceiras; o ilustrador Antonio Seijas; o presidente da Asociación Cultural Muíño do Vento de Ferrol, César Pita; un estudante de Animación Sociocultural en Carballo, Adrián Pereira, e o técnico de Normalización Lingüística do Concello de Fene e presidente do xurado, Daniel Romero, reuniuse para condeder os premios. Os alumnos e alumnas do IES Leixa, de Ferrol, foron galardoados con 500 euros e o segundo posto foi para os do IES Isidro Parga Pondal, de Carballo, que recibiron 300 euros, en ambos casos para a adquisición de material cultural. Os rapaces e rapazas destes dous centros competirán na fase final galega do Club de Debate que terá lugar o 30 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, felicitou aos gañadores desta Fase de zona e tamén aos alumnos e alumnas dos outros dous centros que participaron na mesma, “polo bo traballo realizado e a súa implicación e dedicación para preparala”. Ao respecto, a edil quixo agradecer tamén publicamente “a labor do xurado, que non resultou fácil, e o esforzo realizado polo profesorado dos catro centros participantes para axudar aos rapaces e rapazas con esta actividade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal