Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN MANTÉN ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN CINCO CURSOS DO PROGRAMA FORMATIVO MUNICIPAL "HABILITA 2016"
As accións formativas diríxense a persoas empadroadas en Narón, desempregadas e maiores de 18 anos
Narón, 7 de marzo de 2016. A Concellería de Formación, dirixida pola edil Natalia Hermida, mantén aberto o prazo de inscrición nunha nova convocatoria das accións formativas do programa municipal “Habilita 2016”. Nesta ocasión ofértanse cinco cursos: de Peixeiro; Electricidade básica; Panadería e bolería; Xestión de almacén-carretilleiro e Conversa en inglés, destinados todos eles a veciños e veciñas de Narón desempregados e maiores de 18 anos, tal e como recordou a edil naronesa. As accións formativas impartiranse no Centro Municipal Irmás Froilaz entre os meses de abril e xullo, dependendo da opción elixida e poderán beneficiarse das mesmas un total de 75 persoas, quince por cada curso. O prazo de inscrición –nun máximo de dous cursos- rematará o 23 de marzo. O curso de Peixeiro terá unha duración de 300 horas e desenvolverase do 1 de abril ao 28 de xuño; o de Electricidade básica tamén terá unha duración de 300 horas e impartirase do 4 de abril ao 29 de xuño. O de Panadería e bolería é unha das novidades na programación do “Habilita 2016”, tal e como indicou Natalia Hermida, e consta de 310 horas formativas desde o 8 de abril ata o 7 de xullo. Estes tres cursos contemplan a realización de prácticas en empresas, cunha duración de 100 horas. As sesións de Xestión de almacén-carretilleiro terán unha duración de 100 horas e, as de Conversa en inglés de 80 horas, se ben nestas últimas é un requisito imprescindible ter uns coñecementos mínimos dese idioma, debendo superar os aspirantes ás prazas unha proba de nivel. A concelleira de Formación destacou o compromiso do goberno local con esta área e asegurou que “con este tipo de cursos ofrécese ás persoas desempregadas a posibilidade de formarse en distintas materias, o que sen dúbida, no caso de finalizar con éxito as sesións, lles permitirá ter máis facilidades á hora de optar a un posto de traballo”. Así mesmo, Natalia Hermida animou ás persoas que cumpran os requisitos establecidos a inscribirse nos cursos e agradeceu “a colaboración que sempre nos prestan as empresas para completar aínda máis a formación do alumnado”. As persoas interesadas en anotarse deben cumplimentar unha instancia dispoñible no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web –www.naron.es-. Deberán entregar os documentos no Rexistro municipal de luns a venres, en horario de 8.30 a 13.30 horas. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. O alumnado que resulte admitido recibirá unha comunicación do Concello para que presente a documentación requerida nestes procedementos, para o que disporá dun prazo de tres días desde esa comunicación. Para obter máis información pódese contactar co persoal do Servizo Sociocomunitario, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1123/ 2602/ 1120 e 1107).
Descarga de archivos
FICHA DE INSCRICIÓN
Tamaño:236,13 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal