Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA TEATRO DO MORCEGO ESTREARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO DA CULTURA A OBRA "NOSA SEÑORA DAS NUBES"
A representación desta comedia terá lugar a partir das 20.00 horas
Narón, 9 de marzo de 2016. A compañía Teatro do Morcego estreará este sábado no Pazo da Cultura a obra “Nosa Señora das Nubes”. Esta comedia para adultos está dirixida por Celso Parada, un dos actores do elenco xunto con Josi Lage, Mundo Villalustres e Pablo Costas. A representación comezará ás 20.00 horas e o prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos), desempregados e menores de 14 anos. A poesía e o humor son unha constante nesta peza, cuxo autor é Arístides Vargas e que centra as historias na lonxana patria de Nosa Señora das Nubes. Dous personaxes expatriados que se atopan, Óscar e Bruno, describen as súas vivencias anos atrás no que foi o seu pobo, alternándoas con outras máis actuais e facendo reflexionar aos espectadores sobre o exilio e os desprazados no mundo. As persoas interesadas en recibir máis información ou reservar as súas entradas poden facelo chamando ao número de teléfono 981 102 897 ou a través do correo electrónico: taquilla.pazo.@naron.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal