Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACION DO II TROFEO CIDADE DE NARÓN DE FUTBOL SALA
Terá lugar o 27 de Febreiro no Pavillón de A Gándara, con entrada gratuita. Enfrentará ó Clube Cidade de Narón co Azkar Lugo, que actualmente xoga en División de Honra.
Narón, 18 de Febreiro de 2008.- O segundo trofeo de fútbol sala Cidade de Narón, que forma parte da Liga Nacional de Fútbol Sala, terá lugar o vindeiro mércores 27 de febreiro ás 21 horas, no Pavillón Polideportivo de A Gándara, segundo se anunciou hoxe. O presidente do Clube Cidade de Narón, Miguel Rodríguez Aneiros, presentou en rolda de prensa o acontecemento deportivo que enfrentará ó seu equipo –actualmente en Primeira Nacional A- contra o Azkar Lugo F.S., que xoga na División de Honra. Rodríguez Aneiros agradeceu o apoio do Concello de Narón, principal patrocinador deste evento deportivo –xunto co Xacobeo-, que terá carácter gratuito. “Queremos que este acontecemento sexa unha festa para tódolos cidadáns, para os equipos de fútbol sala da comarca e para os nenos que estanse iniciando neste deporte”, dixo ó respecto da gratuidad das entradas. O Concelleiro de Deportes de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, destacou o esforzo económico que está a facer o Clube Cidade de Narón. “Nos dende o Concello, os apoiaremos en todo o que poidamos, a través da firma de convenios que nos permitan organizar eventos coma éste”, recalcou. O Edil chamou á participación cidadá no partido do próximo día 27, invitando a tódolos veciños de Narón a que asistan ó encontro que terá lugar en A Gándara. Pola súa banda, o naronés Pablo Prieto, director deportivo do Azkar Lugo F.S. agradeceu ó Concello e ó Clube Cidade de Narón o xesto que tiveron co equipo lucense. “Esta colaboración pode ser a primeira pedra para iniciar unha relación máis estreita, co Cidade de Narón e tamén co Concello. Como naronés, síntome moi orgulloso de poder participar neste torneo”, engadiu. Prieto expresou o desexo de que a comarca de Ferrolterra “volva a recuperar o prestixo que tivo en canto a fútbol sala, no pasado. Porque a xente que está a xogar ahora, síntese moi comprometida con este deporte. E eu agardo que Narón poida ter a corto prazo un equipo representativo na División de Prata desta disciplina”, concluíu o director deportivo do Azkar Lugo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal