Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL PLANTOU UNHA TRINTENA DE ÁRBORES NA PRAZA CLARA CAMPOAMOR
A actividade enmárcase nunhas xornadas ambientais promovidas na localidade pola Corporación Masaveu
Narón, 15 de marzo de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e edís do grupo de goberno, entre eles os de Servizos, Urbanismo e Cultura, Ibán Santalla, Manuel Ramos e Marián Ferreiro, respectivamente, asistiron á plantación de árbores que anualmente promove no municipio o Grupo Masaveu, propietario da Fábrica de Cemento de Narón. Ao acto, que tivo lugar na plaza Clara Campoamor, na Gándara, acudiron representantes da empresa, entre eles o responsable de Relacións Institucionais e Comunicación, Javier Camino y o director da fábrica do grupo no municipio, Carlos Hugo Huerta, e tamén profesorado e alumnado do colexio Santiago Apóstol. Un grupo de cincuenta rapaces e rapazas de sexto curso de Primaria encargouse de plantar as árbores, un total de 32 especies de cereixos de flor, pereiras, algarrobos e ciroleiras de xardín, entre outros, todos eles dunha altura aproximada de dous metros. A actividade responde a unha campaña de sensibilización medioambiental que desde hai varios anos impulsa na localidade a Corporación Masaveu. Escolares do citado centro naronés, axudados polo rexedor local e por edís da corporación e representantes da empresa plantaron as árbores e puxéronlles unha cinta co seu nome e curso, deixando así constancia do traballo realizado. Os rapaces e rapazas do colexio Santiago Apóstol plantaron xa en anos anteriores outras especies arbóreas nesta zona verde do Concello, concretamente o ano pasado un total de 25 especies de acacias, maciñeiras e algarrobos. As plantacións levábanse inicialmente a cabo nos terreos do exterior da fábrica da compañía, pero a falta de máis espazo para continuar realizando esta actividade nesa zona levou aos seus impulsores a buscar co concello unha ubicación alternativa, que nos últimos anos foi a praza Clara Campoamor. O Concello realizou a finais do pasado ano un investimento de case 10.000 euros nesta zona verde, que se ampliou en algo máis de 2.000 metros cadrados e onde se plantaron varias especies ornamentais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal