Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA "BULE CON ALCER"
A iniciativa convócase co fin de promover o exercicio físico e actividades psicosociais con persoas con enfermidades crónicas e os seus familiares
Narón, 16 de marzo de 2016. O concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico, presentou con Javier Reyes, coordinador de Actividade física e saúde de Alcer (Asociación de Loita Contra as Enfermidades do Ril) e Julia Redondo, integrante da directiva da entidade, un programa sobre “Exercicio Físico e Psicosocial para persoas con enfermidade crónica e familiares” organizado por Alcer en colaboración co Concello de Narón e enmarcado no programa “Bule con Alcer”. A proposta, de balde, diríxese a persoas de Narón con enfermidades crónicas e os seus familiares e o prazo de inscrición nas vinte vacantes dispoñibles abrirase o 17 de marzo. A convocatoria comezará este mesmo mes no Centro Cívico Social de Xuvia, previsiblemente os martes e xoves de 10.30 a 12.00 horas (a primeira dedicaríase á actividade física e os últimos trinta minutos a talleres, sesións sobre información alimentaria, etc.). “É unha proposta que se dirixe a persoas de tódalas idades e que imparten licenciados en Educación física e Educadores sociais, co obxectivo de promover a actividade física, o crecemento persoal e hábitos de vida saudables, entre outros factores orientados á consecución dunha mellor calidade de vida entre os participantes”, tal e como explicou Dopico. O edil de Sanidade animou á veciñanza a participar nesta iniciativa e recordou que o Concello organiza ao longo do ano varios programas encamiñados a acadar estes mesmos obxectivos con diferentes colectivos. Pola súa banda, Javier Reyes asegurou que desde Alcer “estamos moi satisfeitos co desenvolvemento deste programa, que se convoca en dez concellos da provincia” e valorou o apoio do Consistorio naronés, un ano máis, ao mesmo. O representante da asociación incidiu no respaldo que os potenciais usuarios dan ao programa, o que incentiva ao colectivo, dixo, a “mantelo operativo con esta axuda, xa que doutro xeito sería imposible”. A continuación, Julia Redondo, integrante da directiva, apuntou que “os usuarios melloran a nivel físico e psicolóxico, co que nos interesa que este programa chegue á maior cantidade posible de xente”. As inscricións deben formalizarse no Servizo Sociocomunitario do Concello –no primeiro andar- e tamén se pode obter máis información a través do número de teléfono 676 801 473 ou da dirección: bule@alcercoruna.org. Unha vez cuberta a inscrición convocarase unha titoría individual para evaluar o estado da persoa e adaptar o programa en función das patoloxías detectadas e das limitacións diarias derivadas da mesma. “En ocasións atopámonos con casos nos que a enfermidade nos illa máis, o que nos leva a facer menos do que poderiamos, por iso a actividade se plantexa en grupo, o que lle da un certo poder terapéutico”, asegurou Reyes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal