Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE TURISMO RETOMA AS VISITAS GUIADAS AO MOSTEIRO DO COUTO CON MOTIVO DA SEMANA SANTA
Dúas persoas guiarán aos visitantes entre os días 20 e 27 de marzo, incluídos, polos percorridos que se realizarán entre as 11.00 e as 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas
Narón, 16 de marzo de 2016. O Concello retomará o día 20 de marzo as visitas guiadas ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, que poderán realizarse ata o 27 deste mes, incluído. Así o anunciou a concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, que subliñou a boa acollida que ano tras ano -este é o terceiro consecutivo- ten esta actividade durante a Semana Santa. Ao longo de oito días as persoas interesadas poderán visitar diferentes estancias desta construción relixiosa nas visitas que se programarán en horario de mañá –entre as 11.00 e as 13.00- e de tarde –de 16.00 a 19.00-. Dúas guías encargaranse de acompañar aos visitantes, en grupos reducidos dunhas sete persoas, polo interior e os xardíns exteriores do mosteiro durante os percorridos, de aproximadamente unha hora de duración. Os visitantes coñecerán diferentes espazos da edificación e recibirán as pertinentes explicacións sobre as funcións en cada unha delas e tamén de cómo transcorría o día a día no cenobio na tempada en que estivo habitado. Os interesados terán que cumplimentar unha instancia que se lles entregará á súa chegada ao mosteiro, facilitando os seus datos persoais antes de comezar a visita. “Esta actividade representa unha moi boa oportunidade para a veciñanza de Narón e tamén doutros concellos de coñecer máis en profundidade a historia do cenobio do Couto, un dos edificios relixiosos con máis sona na nosa localidade”, apuntou Hermida. Para máis información pódese consultar a páxina web: www.turnaron.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal