Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLEIRO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA CONVOCA AO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL A UNHA XUNTANZA DE TRABALLO
A xuntanza terá lugar o día 11 de abril, a partir das 17.00 horas, nas instalacións da Biblioteca municipal
Narón, 7 de abril de 2016. O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, convoca ao sector hostaleiro da localidade a unha reunión de traballo que terá lugar o vindeiro luns, día 11 de abril, na Biblioteca municipal. A xuntanza, que comezará ás 17.00 horas, prográmase “co fin de darlle un novo pulo, un salto cualitativo, ao programa Narón gastronómico”, impulsado desde a área que preside Villamar -en vigor desde o ano 2013-, e no que se inclúen accións como o concurso de Tapas de Entroido ou a iniciativa Horta de Narón. O edil explicou que entre as prioridades do encontro está a creación do Club Narón Gastronómico, un espazo, explicou, no que o Concello e os hostaleiros locais colaborarán na integración das diferentes actividades a impulsar para “crear talento, fomentar a innovación e pór en valor a hostalería naronesa”. O citado Clube contaría cunha páxina web propia e tamén disporía dunha oficina técnica a través da que se informaría aos representantes do sector das actividades a levar a cabo, tal e como apuntou Villamar. O concelleiro naronés aproveitará ademais a xuntanza para escoitar as demandas do sector, polo que animou aos hostaleiros do municipio a acudir a esta convocatoria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal