Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UN SEMINARIO SOBRE "HABILIDADES PARA O TRABALLO EN EQUIPO"
A cita desenvolverase os días 19, 21 e 26 de abril no Centro Cívico Social de San Mateo
Narón, 13 de abril de 2016. A Concellería de Participación Cidadá de Narón organiza un seminario formativo dirixido tanto a representantes de asociacións como a particulares interesados en mellorar as súas dinámicas de traballo en conxunto. A edil da área, Catalina García, recordou que este venres, día 15, rematará o prazo para anotarse no que se desenvolverá os días 19, 21 e 26 deste mes no Centro Cívico Social de San Mateo, sobre “Habilidades para o traballo en equipo”. O curso, aberto á participación de ata un máximo de trinta persoas de todas as parroquias da localidade, consta de tres sesións presenciais de dúas horas e media cada unha, e unha dunha hora e media de carácter práctico, entre as 18.00 e as 20.30 horas. Os interesados poden asistir ás clases os tres días ou só nas xornadas que especifiquen, entregándose ao final un diploma acreditativo. “O equipo como construción: redes que cooperan”; “As técnicas grupais e a resolución de situacións conflitivas” e “A dirección de xuntanzas” son as temáticas que se abordarán nas tres sesións. A concelleira de Participación Cidadá agradece a implicación e colaboración das entidades, así como a da cidadanía, “polo respaldo que realizaron xa ás anteriores convocatorias formativas proxectadas a través da Escola de Participación Cidadá”, dependente da Concellería presidida por García. A edil animou aos veciños e veciñas a participar activamente nestas xornadas formativas “coas que pretendemos fomentar o traballo en equipo, a posta en común, compartir medios e crear proxectos en conxunto”, explicou. García incidiu ademais en que con este tipo de iniciativas “queremos recuperar a forma de traballar en grupo, dado que deste xeito podemos non só xestionar mellor os recursos, senón tamén dispoñer de máis forza e presencia”. As persoas interesadas en inscribirse –de balde- ou recibir máis información poden facelo a través do número de teléfono da Escola de Participación Cidadá do Concello de Narón: o 629 747 336, ou do correo electrónico: escoladeparticipacion@cidadania.coop.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal