Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO POLO ASASINATO DE TATIANA VÁZQUEZ
A corporación local, persoal funcionario e interino e veciños e veciñas da localidade gardaron un minuto de silencio para condenar a violencia de xénero
Narón, 14 de abril de 2016. O alcalde, José Manuel Blanco, presidiu esta mañá un acto no que se gardou un minuto de silencio ante as portas da Casa Consistorial en sinal de condena do asasinato de Tatiana Vázquez Abuín. A moza, de 24 anos, apareceu acoitelada no interior dun vehículo en Lugo o pasado sábado e a súa exparella, Ibrahima Ndiaye, de 31 anos e orixe senegalés, presunto autor dos feitos, está en prisión provisional acusado de homicidio. Á convocatoria acudiron tamén a edil de Igualdade, Teresa Sabio, e outros representantes da corporación local, así como persoal funcionario e interino do Consistorio naronés e algúns veciños e veciñas. A corporación local recordou con este acto, que tivo lugar ás 12.00 horas, á vítima, ao tempo que manifestou a súa máis firme condena e repulsa á violencia de xénero.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal