Os rapaces e rapazas conversaron co rexedor local, José Manuel Blanco, no salón de plenos
Narón, 19 de abril de 2016. Un total de vinte e dous nenos e nenas de cinco anos do colexio Ponte de Xuvia desprazáronse ata o Concello. Ás 10.30 horas foron recibidos polo alcalde, José Manuel Blanco, que conversou animadamente con eles no salón de plenos antes de entregarlles uns agasallos en recordo da súa visita.
O rexedor local respostou ás preguntas que lle formularon os menores, que acudiron acompañados por mestres do centro. Os nenos e nenas sentáronse no salón de plenos, nos espazos que habitualmente ocupan os concelleiros e concelleiras da corporación local durante os plenos e viron un video no que se explicaban varios asuntos relacionados coa administración local e sobre algunhas instalacións municipais.