Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O HUMORISTA RIKI LÓPEZ PROTAGONIZARÁ O MONÓLOGO "ME TENGO CONTENTO" NO PAZO DA CULTURA
O espectáculo desenvolverase o 22 de abril e pechará o Festival do Monólogo Teatral "Singular", organizado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón e a produtora Eme2
Narón, 20 de abril de 2016. O Pazo da Cultura acollerá o día 22 de abril un novo espectáculo, o último, do Festival do Monólogo Teatral “Singular”, organizado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón e a produtora Eme2. O protagonista será nesta ocasión o humorista e cantador Riki López, co monólogo “Me tengo contento”. A cita comezará ás 20.30 horas. Ao longo de case hora e media Riki López botará man do humor e da música para buscar a complicidade do público da sala, unha tarefa que non lle resultará nada difícil tendo en conta a súa traxectoria profesional. A autocrítica é un dos sinais máis característicos dos seus traballos. O prezo das entradas, xa á venta, é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove (ata 25 anos) e estudantes. O espectáculo deste venres pechará o Festival do Monólogo Teatral “Singular”, iniciado o pasado 1 de abril na localidade con “Monólogo do imbécil”, protagonizado por José Antonio Touriñán. O programa continuou no Pazo con José L. Esteban, que subiu ao escenario con “Arte de las putas, una historia de amor” e Celso Sanmartín, protagonista de “Contar”, os días 8 e 15 deste mes, respectivamente. Todos os espectáculos deste festival tiveron lugar os venres, ás 20.30 horas no Pazo da Cultura a excepción do primeiro, que se repetiu o sábado 2 de abril ás 20.00 horas. "

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal